.
María Lavalle & Osvaldo Berlinghieri
María Lavalle fusionará o tango e o fado no Teatro Principal de Santiago
A artista presenta o espectáculo ‘De Igual a igual’ na que estará acompañada polo pianista Osvaldo Berlighieri.
A cantante arxentina María Lavalle presentará ao público galego o seu novo espectáculo,
`De igual a igual´, no que estará acompañada por Osvaldo Berlighieri, un dos pianistas de tango máis prestixiosos do mundo.
O recital, patrocinado pola Fundación Caixa Galicia, terá lugar o vindeiro venres 29 de xuño ás 21.00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
María Lavalle define o seu espectáculo como "un diálogo entre xéneros onde nada é máis que ninguén, pero abrazándose, resultan aínda máis grandes". Nel únense a guitarra española, a portuguesa e o bandoneón arxentino. Unha fusión que, segundo ela mesma explica, naceu hai xa tres anos co espectáculo ‘A pena golfa’.
Este íntimo espectáculo, con arranxos musicais e instrumentistas de excepcional calidade e que xa estivo de xira por distintos teatros de España cun extraordinario éxito, inclúe unha homenaxe a Atahualpa Yupanqui e Edith Piaf.
María Lavalle:
fusión de tangos e fadosMaria Lavalle nace en Bos Aires, cidade na que vive ata os sete anos. Despois reside en distintos países (Francia, Holanda e Portugal) instalándose definitivamente en España, onde grava o seu primeiro disco en 1994 titulado ‘Sabotaje’.
En 1999 edita ‘Frutos compartidos’, no que todas as cancións están compostas por ela mesma.Nas súas composicións mezcla distintas influencias musicais centradas en tangos, fados, canción francesa e composicións propias, dándolles unha enorme importancia aos textos que interpreta.
Nos últimos tempos María Lavalle decide fundir as súas raíces porteñas do tango coa música de Portugal e crea unha exquisita ponte de cultura e mestizaxe coa que prepara o contido dos seus últimos recitais denominados ‘La Pena Golfa’.
Osvaldo Berlighieri
Na actualidade é o pianista de tango máis prestixioso do mundo.
É autor, director e compositor.
Actuou con todas as orquestras de tango cuxos directores non tocaban o piano.
Foi pianista de Anibal Troilo e de Nati Mistral.
Osvaldo foi director do espectáculo ‘Tango Argentino’, considerado pola crítica internacional como o espectáculo máis importante da historia do tango.
No 2005 foi premiado polo Fondo Nacional das Artes.
Recentemente foi convocado por Gustavo Santaolalla para gravar os seus arranxos no disco ‘Cafe de los Maestros’.
http://www.xornal.es/article.php3?sid=20070612131213
------------
María Lavalle - La Pena Golfa
Temas
01 - maria lavalle-la pena golfa-Niño Bien.mp3
02 - maria lavalle-la pena golfa-Maria Magdalena.mp3
03 - maria lavalle-la pena golfa-Muchacho.mp3
04 - maria lavalle-la pena golfa-Arrabalera.mp3
05 - maria lavalle-la pena golfa-Cantando.mp3
06 - maria lavalle-la pena golfa-Nocturna.mp3
07 - maria lavalle-la pena golfa-Los Ejes De Mi Carreta.mp3
08 - maria lavalle-la pena golfa-Lagrima.mp3
09 - maria lavalle-la pena golfa-Variaciones En Mi.mp3
10 - maria lavalle-la pena golfa-Nostalgias.mp3
11 - maria lavalle-la pena golfa-Julia Florista.mp3
12 - maria lavalle-la pena golfa-Serenata Para La Tierra De Uno.mp3
13 - maria lavalle-la pena golfa-Quedemonos Aqui.mp3
14 - maria lavalle-la pena golfa-Milonga De Betinotti.mp3
Link
El DIARIO DE MÚSICA, NOTICIAS Y COMENTARIOS SOBRE DIVERSOS TEMAS. ------------------------------------ ---* * * NUESTRA WEB (en construcción): www.tangorberdi.com.ar
*Buscador en Google y en el BLOG*
martes, 12 de junio de 2007
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario